• Galego
  • Español

Sendeirismo no Concello de Quiroga

Varias das rutas de Sendeirismo no Concello de Quiroga están homologadas pola Federación Galega de Montaña, e polo tanto sinalizadas cumprindo coa normativa imposta por este organismo.

Sendeirismo no Concello de Quiroga

Logotipo - Rutas de Sendeirismo de Quiroga

O Concello de Quiroga está situado ao sur da provincia de Lugo, formando parte da “Serra do Courel” ao norte e do “Canón do Sil” ao sur. A grande variedade de paisaxes e de espazos naturais, ademáis da súa grande extensión, o convirten en destino tradicional de sendeiristas  montañeiros.

O sendeirismo é unha actividade deportiva que implica certos riscos, e para a que é precisa certa preparación e materiais axeitdos, especialmente nas rutas de montaña, que en Quiroga acadan os 1.600 m de altitude.

Para percorrer as rutas non homologadas é aconsellable empregar unha cartografía axeitada ou un GPS. Nesta web ou no noso perfil de Wikiloc, atoparedes todos os datos para GPS, fotografías e máis información.

Se atopades calquera deficiencia nun sendeiro, queredes darnos a vosa opinión ou compartir fotografías dunha ruta, non dubidesdes en facelo enviándonos un correo electrónico a senderosquiroga@gmail.com

Accede a Guía de Sendeiros no Concello de Quiroga
Accede a Guía de Sendeiros no Concello de Quiroga

Rutas de sendeirismo

Ofrecemos unha selección das rutas de Sendeirismo do noso municipio de meirande interés histórico e paisaxístico.