• Galego
  • Español

O Camiño de Inverno era utilizado polos viaxeiros que se dirixían a Santiago de Compostela como alternativas na súa peregrinación cando chegaba o inverno e as nevadas cobrían Os AncaresO Cebreiro, quedando pechados os camiños pola neve.

Na actualidade, con GPS, ropa axeitada e a existencia de albergues, isto parece algo sen importancia, pero na Idade Media unha nevada no medio do Camiño podía ter graves consecuencias.

Moitos peregrinos dende toda Europa percorrían o Camiño Francés a Santiago, e se detían durante o inverno nalguna poboación. Outros se desviaban cara o sur, e aproveitaban o canón do río Sil para entrar en Galicia e chegar a Santiago de Compostela.

Camiño de Santiago: O Camiño de Inverno

Descrición do Camiño de Inverno

– DISTANCIA NO CONCELLO DE QUIROGA: 21,5 Qm.

– DISTANCIA TOTAL PONFERRADA-SANTIAGO DE COMPOSTELA: 265 Qm.

– CARTOGRAFÍA DO CAMIÑO AO SEU PASO POLA RIBEIRA SACRA:  I. G. N. 1:25.000 – Nº 190 III, nº 189 II, nº 156 III, nº 156 IV, nº 155 I, nº 155 II, nº 155 IV, nº 154 II.

-PERCORRIDO XERAL: Ponferrada, O Barco, A Rúa, Quiroga, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Chantada, Lalín, Silleda, Santiago de Compostela.

-PERCORRIDO NO CONCELLO DE QUIROGA: O Camiño de Invierno se separa do Camiño Francés en Ponferrada e aproveita o curso do río Sil para entrar en Galicia até Quiroga. Dende aquí se dirixe cara Monforte de Lemos e atravesa o río Miño para chegar a Chantada. Finalmente, atravesando a Serra do Faro, chega deica Lalín e a Santiago de Compostela.

  • Albaredos (punto de entrada)
  • Montefurado
  • Ermidón
  • Vilaster
  • Venda Vella
  • As Farrapas
  • Bendilló
  • O Soldón
  • Sequeiros
  • Noavaes
  • O Castelo
  • Caspedro
  • Pazo Vello
  • Quiroga
  • Espandariz
  • O Pontido
  • Nocedo
  • O Cereixal
  • Río Maior
  • Ermida dos Remedios
  • Carballo do Lor
  • Pozos
  • A Ponte (punto de saída).

As dúas etapas do Camiño de Inverno no Concello de Quiroga

Terceira etapa do Camiño de Inverno: A Rúa – Quiroga

Tercera etapa: A Rúa – Quiroga
Tercera etapa: A Rúa – Quiroga

Obtén información máis detallada: Camiño de Inverno en Quiroga 1

Cuarta etapa do Camiño de Inverno: Quiroga – Monforte de Lemos

Cuarta etapa: Quiroga – Monforte de Lemos
Cuarta etapa: Quiroga – Monforte de Lemos

Obtén información máis detallada: Camiño de Inverno en Quiroga 2