• Galego
  • Español

Concello de Quiroga

Quéroche dar a benvida á web do Concello de Quiroga.

Espero que este espazo sirva para que o noso concello se dea a coñecer fóra do noso ámbito, poñendo a disposición de todos os visitantes aqueles aspectos que consideramos de maior interese: os servizos, a historia, as tradicións, o patrimonio cultural e sobre todo a natureza e a tranquilidade.

Sen embargo non queremos que a páxina do concello sexa unicamente unha ventá aberta ó exterior, senón tamén un instrumento para o diálogo coas xentes do municipio.

Un concello extenso e coa poboación dispersa como Quiroga dificulta, en ocasións, a comunicación entre os veciños e os seus representantes; queremos que coñezan a organización interna do concello, os servizos que presta, as obras que están en marcha e xestionándose.

O noso propósito é que esta sexa unha páxina con vida e por iso podedes, se así o desexades, expresar o voso parecer ou solicitar máis información, na lapela de contacto.

Se a visitades con frecuencia comprobaredes que periodicamente actualizarase para que poidades obter información sobre as actividades programadas polos distintos departamentos, así como das axudas e subvencións das diferentes administracións públicas e, por suposto, das feiras e festas que se celebran por todo o concello.

Julio Álvarez Núñez. Alcalde de Quiroga

Se por estas ou outras razóns nos vemos honrados coa vosa visita sabede que nos encantará darvos a benvida ao Concello de Quiroga.