A ruta de sendeirismo PR-G-192 Ruta do Pregamento Xeolóxico de Campodola é un descenso cómodo cara o val do río Quiroga que consta de dous tramos ben diferenciados.
O primeiro tramo, partindo de Leixazós, percorre o val do río Ferreiriño, ofrecendo espectaculares vistas tanto do val coma das formacións asociadas ó Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós. O sendeiro avanza entre castiñeiros, carballos e vexetación autóctona.
No segundo tramo da ruta cambiaremos de val para dirixirnos, por pistas entre piñeiros, cara Campos de Vila.
DISTANCIA / DURACIÓN
7,09 km / 2 horas 40 minutos
ACCESOS
Dende Leixazós: Dende o centro de Quiroga tomar a estrada LU-651 en dirección a Folgoso e Seoane.
Por esta estrada chégase ó miradoiro de Campodola. Pouco despois do miradoiro, no km 10, existe un desvío cara Leixazós, que nos levará directos ó inicio da ruta.
Dende Campos de Vila: Dende Quiroga tomar a estrada LU-623. Tras pasar Santa Cubicia atoparémonos un desvío á dereita en dirección cara A Seara que non deberemos coller, se non que seguiremos recto pola LU-V-623 en dirección a Campos de Vila que se atopa a menos de un quilómetro.
PERCORRIDO
Leixazós, Campodola, Campos de Vila
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM.
Existen paneis informativos en ámbolos extremos da ruta.
Marcas de pintura realizadas no 2015.
Si no puedes ver el mapa, inténtalo pinchando en el siguiente enlace
É recomendable realizar a ruta no sentido Leixazós-Campos de Vila, pois en este sentido as pendentes son favorables.
Resulta moi interesante deterse no miradoiro que existe na estrada que une Quiroga con Leixazós para ter unha ampla visión do pregamento e do terreo polo que discorre a ruta.