• Galego
  • Español

PR-G-218 Ruta do Montouto e a Devesa do Cervo

Ruta da Devesa do Cervo

Logotipo - Rutas de Senderismo de Quiroga

PR-G-218 Ruta da Devesa do Cervo é unha ruta circular que parte da aldea do Mazo e ascende polo val do río Montouto, percorrendo a devesa do Montouto, a devesa de Mazales e a devesa do Cervo.

O camiño sae do val e deixaremos o bosque para chegar a unha pista de terra que marca o límite entre as provincias de Lugo e León.

Continuando pola pista durante 700 metros, atópase a aresta que permite chegar ata a cima do Montouto (1541 m).

Aquí o camiño convértese apenas nun carreiro que pode desaparecer segundo a época do ano.

Debemos seguir a cresta e extremar as precaucións.

Na cima do Montouto coinciden as provincias de Lugo, Ourense e León.

Dende a cima baixaremos pola cresta contraria ata chegar a unha pista de terra pola que chegaremos, despois de atravesar un souto xa na parte baixa, ata o río Soldón onde coincidiremos nun treito co sendeiro homologado PR-G 191 A Seara-Rugando.

DISTANCIA / DURACIÓN

18,4 km / 6 horas 40 minutos

ACCESOS

Inicio no Mazo: Dende Quiroga tomar a estrada LU-623, dende aí ir cara a provincial LU-P-5001 e continuar pola estrada LU-P-5004 dirección O Soldón.

Antes de chegar ao Soldón (aproximadamente 1 km antes) desviarse cara ao Mazo (indicado cun sinal na estrada).

PERCORRIDO

Aldea do Mazo, Ferrería do Mazo, Devesa do Cervo, Casiñas do Montouto, Pico Montouto, ferrería de Outeiro, ferrería do Mazo, aldea do Mazo.

SINALIZACIÓN

Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM. Existen paneis informativos, frechas direccionais e balizas na parte alta do percorrido. Trátase dunha ruta de montaña homologada polo que recomendamos tamén para maior seguridade o emprego de planos ou.GPS.

Si no puedes ver el mapa, inténtalo pinchando en el siguiente enlace

Puntos de Interese

  • Aldea de O Mazo
  • Ferrería de O Mazo
  • Ferrería de Outeiro
  • Regato de Montouto
  • Fervenza do Cervo
  • Alto dos Tornos
  • Pico Montouto

Recomendacións

Trátase dun sendeiro de montaña homologado, o que implica unha maior esixencia técnica e física que noutros sendeiros homologados.

Debe terse en conta que se trata dunha ruta esixente que non pasa por poboacións polo que o equipo e a hora de saída deben planificarse tendo en conta os posibles imprevistos que poidan xurdir.

É importante comprobar a meteoroloxía e as horas de luz de cada época do ano. Na maior parte da ruta estaremos por riba dos 1000 metros.

No tramo da aresta do Montouto o camiño é pouco definido e delicado e será preciso extremar as precaucións.
Recomendámosvos que realicedes o percorrido no sentido horario e non deixedes de visitar as ruínas da ferrería do Mazo.

Unha opción moi interesante é saír dende A Seara polo PR-G 191 A Seara-Rugando, seguindo o desvío que se atopa sinalizado cara a Devesa do Cervo .

Dende A Seara deica O Mazo hai 4,5 km.