• Galego
  • Español

PR-G 193 Val do Río Quiroga

PR-G 193 Val do Río Quiroga

Logotipo - Rutas de Senderismo de Quiroga

PR-G-193 Val del Río Quiroga é unha ruta de sendeirismo que percorre unha pista de terra paralela ó río Quiroga, ata chegar á aldea de Casa do Vello. Dende aquí ascendemos por un sendeiro que nos leva á ermida de San Xoán, e descendemos polo val do río Pacios hata chegar á aldea de As Barxas.

Saíndo de As Barxas, o camiño atravesa unha carballeira e atoparémonos dous alvarizas ben conservadas. Só nos queda chegar á desembocadura do río Pacios no río Quiroga. Poderemos volver comodamente ó inicio da ruta tomando a pista de terra que percorremos inicialmente.



DISTANCIA / DURACIÓN

9,51 km / 3 horas

ACCESOS

Inicio en estrada de A Seara (preto de Campos de Vila):

Dende Quiroga tomar a estrada LU-623 en dirección a A Seara.

Tras pasar Santa Cubicia nos atoparemos un desvío a dereita en dirección a A Seara, a poucos metros deste cruce atoparemos o inicio do sendeiro.

PERCORRIDO

Estrada de A Seara, A Rodela, Casa do Vello, As Barxas, ponte sobre o río Quiroga

SINALIZACIÓN

Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM.

Existen paneis informativos en ámbolos extremos da ruta.

Marcas de pintura realizadas no 2015.

Si no puedes ver el mapa, inténtalo pinchando en el siguiente enlace

Puntos de Interese


  • A Rodela
  • Casa do Vello
  • As Barxas
  • Alvarizas
  • Río Quiroga

Recomendacións

A pista de terra que une o inicio, situado na estrada Quiroga-A Seara, e Casa do Vello é completamente ciclable e perfecta para realizar con nenos/as.