Únete a nós nun percorrido apaixonante por unha selección das fervenzas máis accesibles e espectaculares do Concello de Quiroga, no Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.
A selección de cinco fervenzas unidas nesta ruta lévanos dende Quiroga ata Vieiros, polas tranquilas estradas de montaña Lu-P-5001/5004; debemos circular con calma e extremando as precaucións. Dende que abandonamos o val, na procura das terras altas, entramos nun universo de montañas con distintos matices ao ritmo das estacións do ano.