-Na estrada principal, pouco despois da aldea de Vieiros, en dirección a Ferramulín. Ou dende a aldea de Vieiros por un sendeiro ben marcado. Na estrada principal conta cun aparcadoiro sinalizado.

-O río Selmo precipítase nesta fervenza uns 35 metros, nun dos lugares máis recoñecidos das Montañas do Courel.

-Na súa contorna pódese facer unha pequena ruta que nos permite admirar o salto dende a parte superior. Compre prestar moita atención durante todo o percorrido.