• Galego
  • Español

Archives

Boletín de Novas

O XUBILEU ROMANO DO ANO 2025 Santuario xubilar de Santa María da Ermida, Quiroga Con data 19 de maio de 2024 o Papa Francisco convocaba o Ano Santo Romano de 2025 coa Bula "Spes non confundit", chamando a toda a Igrexa a unha peregrinación. A diocese de Lugo ten que acoller as grazas deste Xubileu, segundo o indicado a toda a Igrexa universal. A Santa Sede estableceu que a indulxencia xubilar poderase gañar acudindo coma peregrinos da esperanza á propia Catedral ou a aqueles templos que para tal finalidade indique o Bispo diocesano. O Bispo de Lugo, Dr. D. Alfonso Carrasco Rouco, decretou que na diocese de Lugo pódese gañar a indulxencia xubiliar peregrinando, entre outros, ao SANTUARIO DE SANTA MARÍA DA ERMIDA. Velaquí o decreto de concesión do ano xubiliar. Que é o xubileu? 1.-Orixe da palabra “xubileu” A palabra “xubileu” ten dúas raíces, unha hebrea e outra latina. A palabra hebrea que aparece na... Read More