• Galego
  • Español

Archives

Boletín de Novas

Horarios de verán dos museos xeolóxico e etnográfico do Concello de Quiroga. Ademais: Dentro do programa de dinamización turística do Concello de Quiroga: “descubrir Quiroga”, que conta coa financiación da Deputación Provincial de Lugo: -O domingo 27 de xullo de 10-14 h: Raíces e ritmos das montañas. Con visita aos museos xeolóxico e etnográfico de Quiroga, obradoiro de instrumentos de música de raíz con Xavier Blanco da Fundación Legar e mostra de torneado de madeira de oliveira cos artesáns do obradoiro Armaior da Toca (Quiroga). Anotarse e información en: turismo.quiroga@eidolocal.es ou no teléfono 982435125. -O xoves 7 de agosto de 10-14 h: A arte é moi doce. Actividade para cativos. Ruta dos murais e visita ao museo etnográfico de Quiroga centrada no mel. En colaboración con A Varrosa Mel. Actividade para @s participantes nos Campamentos de Verán do programa Concilia Quiroga. Coñécenos máis en: www.museosquiroga.org

Read More

VIII edición dos cantos de taberna de Quiroga, serán o 15 de marzo. Consulta as bases máis abaixo. BASES: Read More
O XUBILEU ROMANO DO ANO 2025 Santuario xubilar de Santa María da Ermida, Quiroga Con data 19 de maio de 2024 o Papa Francisco convocaba o Ano Santo Romano de 2025 coa Bula "Spes non confundit", chamando a toda a Igrexa a unha peregrinación. A diocese de Lugo ten que acoller as grazas deste Xubileu, segundo o indicado a toda a Igrexa universal. A Santa Sede estableceu que a indulxencia xubilar poderase gañar acudindo coma peregrinos da esperanza á propia Catedral ou a aqueles templos que para tal finalidade indique o Bispo diocesano. O Bispo de Lugo, Dr. D. Alfonso Carrasco Rouco, decretou que na diocese de Lugo pódese gañar a indulxencia xubiliar peregrinando, entre outros, ao SANTUARIO DE SANTA MARÍA DA ERMIDA. Velaquí o decreto de concesión do ano xubiliar. Que é o xubileu? 1.-Orixe da palabra “xubileu” A palabra “xubileu” ten dúas raíces, unha hebrea e outra latina. A palabra hebrea que aparece na... Read More