• Galego
  • Español

Bienvenue sur la page de profil de

quiroga

Propos de l'auteur

(quiroga)

  • Email: ramonvilaanca@gmail.com
  • Joli nom: quiroga
  • Site Web:
  • Enregistré le:2015-11-19 16:07:05
  • Connecté à: quiroga
  • Auteur ID: 2

Auteur Messages

Montañas do Courel recoñecido pola UNESCO como o primeiro Xeoparque mundial de Galicia.

O Comité Executivo da UNESCO recoñeceu o paxado xoves 11 de abril, nunha data histórica para a Comarca de Quiroga, o proxecto Montañas do Courel como o primeiro Xeoparque Mundial de Galicia: NOMINATION OF NEW UNESCO GLOBAL GEOPARKS.

Ata a data contaban con este recoñecemento 140 espazos de todo o mundo, 12 en España, 16 na Península Ibérica.
A candidatura para esta declaración foi promovida oficialmente dende 2016 polos concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, inegrados na Asociación Montañas do Courel e o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel.

 

RTMQ. O actor Pablo Chiapella Cámara, coñecido principalmente pola interpretación de papeis como o de Amador Rivas, na serie de Telecinco “La que se avecina” ou o de Moncho Heredia en “Aquí no hay quien viva”; será o pregoeiro de XXXVII Edición da Feira do Viño de Quiroga que terá lugar os días 20 e 21 de abril.
Despois de diplomarse en Maxisterio, decidiu dedicarse ao mundo artístico, e así diplomouse tamén en Arte Dramático. Conta cunha longa traxectoria como actor, monologuista, presentador en canais como o canal por cable Paramount Comedy, Antena 3TV, TVE, Telecinco, etc.
A maiores de televisión, Pablo Chiapella, tamén participou nunha decena de curtos como “El arte de la seducción” de Sandra Ruiz, ou 7º Izquierda de Carlos Sanz. No 2002 rodaría a súa primeira longametraxe, “La vida mancha “de Enrique Urbizu. Tamén interpretou ao Tenorio de “El burlador de Sevilla”, dirixido por José Luis Sáez, o colaborou en producións de Jaroslaw Bielski como “Nuestra cocina”.
Pertence ao denominado “Cuarteto de Albacete”, un grupo de humoristas formado xunto con Joaquín Reyes, Ernesto Sevilla y Raúl Cimas.
En 2018, estrease como presentador en La 1 de TVE á fronte do espazo “El paisano”.

O día 12 de maio de 2019 será a XIX Mostra do Aceite de Quiroga no muíño de Bendilló. Festa de interese turístico de Galicia.

Entre os días 28 de marzo e 3 de abril estará aberto o prazo para participar na XIX mostra do aceite de #Quiroga que terá lugar o día 12 de maio no muíño de Bendilló. #AceitedeQuiroga. Pódese descargar o formulario de inscrición no taboleiro de anuncios da sede electronica do Concello de Quiroga. Pódese descargar o formulario de inscrición na seguinte ligazón: PROCEDEMENTO INSCRICIÓN