Aceite de Quiroga, produto saudable

A denominación Saudable xa pode aparecer nas etiquetas do aceite de Quiroga. Así o confirman os resultados das análises que remitíu ao Concello o Departamento de Química Analítica da Universidade de Córdoba; un dos laboratorios máis recoñecidos a nivel mundial.

Os aceites de Quiroga non soamente son os únicos que poden levar esta etiqueta, se non que dende o punto de vista da saúde indica que son uns aceites de oliva virxe excepcionais, xa que non soamente superan o mínimo de polifenois esixidos pola Unión Europea para poder empregar esta denominación (250 mg/k).

Coa obtención da etiqueta para o aceite de Quiroga de produto saudable, damos un paso máis na recuperación e posta en valor dos nostos aceites, obtendo unha denominación de orixe para o Aceite de Quiroga segundo o proxecto común do Concello e a dos olivicultores.

Polifenois

Os polifenois que se atopan nos aceites de oliva virxe e virxe extra dependen de múltiples factores como a variedade de oliva, o proceso de elaboración, o clima, debido a que no proceso de refinado do aceite se perden,

Segundo o estudo realizado pola Universidade de Córdoba sobre seis mostras de aceite de Quiroga enviadas polo Concello o pasado mes de maio, os aceites de Quiroga, como produto biosaudable, son ricos en catro dos principais polifenois:

  1. Hidroxitirosol, o meirande antioxidante natural coñecido
  2. Oleocantal, que ten propiedades antiinflamatorias
  3. Oleuropeína potenciador dos demáis antioxidantes e segundo estudos experimentais, anticanceríxeno;
  4. Luteolina, outro potentísimo antioxidante.
Aceite de Quiroga, producto biosaludable

Máis novas

  • Actos de la XXX Muestra de la Miel de Quiroga

    XXX Mostra do Mel de Quiroga. Programa

  • XXX MOSTRA DO MEL DE QUIROGA, 10 agosto.

  • Bando inscrición XXX Mostra do Mel de Quiroga

    XXX Mostra do Mel de Quiroga

  • Horarios de Verán nos museos de Quiroga

    Museos de Quiroga: Horarios Especiais Verán 2021

  • 9ª QUIROGA DE TAPAS

  • Campamentos de Verán Concello de Quiroga 2021

  • ACTIVIDADES VERÁN 2021

  • PROGRAMA XXI MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA

  • Cartel del PEIM 2020-2021

    PEIM 2020-21: Mellora de camiños de acceso a parcelas

  • Bando de inscrición na XXI Mostra del Aceite de Quiroga

    Inscrición XXI Mostra Aceite de Quiroga

  • Proxecto de impulso á imaxe de marca e packaging

    Proxecto de impulso á imaxe de marca e packaging

  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE

  • Servizo de Atención Temperá. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

  • Campamentos de Verano 2020 en Quiroga

    Campamentos de verán 2020 en Quiroga

  • Festas de verán 2020 en Quiroga: Programación