Aceite de Quiroga, produto saudable
A denominación Saudable xa pode aparecer nas etiquetas do aceite de Quiroga. Así o confirman os resultados das análises que remitíu ao Concello o Departamento de Química Analítica da Universidade de Córdoba; un dos laboratorios máis recoñecidos a nivel mundial.
Os aceites de Quiroga non soamente son os únicos que poden levar esta etiqueta, se non que dende o punto de vista da saúde indica que son uns aceites de oliva virxe excepcionais, xa que non soamente superan o mínimo de polifenois esixidos pola Unión Europea para poder empregar esta denominación (250 mg/k).
Coa obtención da etiqueta para o aceite de Quiroga de produto saudable, damos un paso máis na recuperación e posta en valor dos nostos aceites, obtendo unha denominación de orixe para o Aceite de Quiroga segundo o proxecto común do Concello e a dos olivicultores.
Polifenois
Os polifenois que se atopan nos aceites de oliva virxe e virxe extra dependen de múltiples factores como a variedade de oliva, o proceso de elaboración, o clima, debido a que no proceso de refinado do aceite se perden,
Segundo o estudo realizado pola Universidade de Córdoba sobre seis mostras de aceite de Quiroga enviadas polo Concello o pasado mes de maio, os aceites de Quiroga, como produto biosaudable, son ricos en catro dos principais polifenois:
- Hidroxitirosol, o meirande antioxidante natural coñecido
- Oleocantal, que ten propiedades antiinflamatorias
- Oleuropeína potenciador dos demáis antioxidantes e segundo estudos experimentais, anticanceríxeno;
- Luteolina, outro potentísimo antioxidante.