• Galego
  • Español

Muíño de Aceite de Bendilló

Muíño de Aceite de Bendilló

O edificio que alberga o muíño de aceite de Bendilló está afastado da vila, a poucos metros da estrada N-120 (dirección Quiroga-A Rúa como chegar?) na estrada que conduce cara á aldea, formando un interesante conxunto coa capela de San Xoán das Farrapas.

O enxeño do muíño, baixo unha construcción de cachotería de lousa con cuberta a unha auga e totalmente restaurado polo Concello de Quiroga no ano 1.993; consta dunha pía para moer, unha viga para prensar e unha decantadora.

A súa antigüidade é difícil de precisar, aínda que a existencia destes enxeños na zona está relacionada coa presenza dos romanos a partir do século II d. C..

PROPIETARIO: Guillermo Nogueira Veloso.
PARA VISITAS: Cita previa no teléfono: 606881513 (Lupe)

USO 29
X: 646661
Y: 4699346