O Concello de Quiroga en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia levou a cabo o proxecto denominado “Plan integral de ordenación dos sendeiros do Concello de Quiroga”, lo que se plasmou na nova Guía das “Rutas de Sendeirismo de Quiroga”;.

Nueva guía Rutas de Sendeirismo de Quiroga

Este proxecto comprende varias actuacións encamiñadas a converter o territorio do Concello de Quiroga nun dos puntos de referencia para os amantes da práctica do sendeirismo.

O abeiro deste proxecto realizouse un estudo completo de todos os itinerarios activos dentro do Concello de Quiroga para a toma de datos GPS, fotografías e outros datos que puideran contribuír a ofrecer a mellor información posible aos visitantes e decidir cales son os percorridos máis adecuados para esta práctica.

La guía Rutas de Senderismo de Quiroga

A Guíá dos Sendeiros de Quiroga é unha guía impresa que recolle os seis roteiros homologados do Concello de Quiroga, máis outros tres tradicionais que polas súas características non poden acadar esta cualificación.

Pensouse nunha guía en formato de peto, cómoda de transportar, que contivera a información básica de cada un dos percorridos: datos básicos da ruta (lonxitude, desnivel, dificultade), fotos, mapa, aloxamentos, auga,  recomendacións, etc.

Esta guía e cada unha das fichas dos percorridos poderase descargar, en formato .pdf na nova páxina do Concello de Quiroga en  concellodequiroga.com

Como complemento a esta edición en papel xa está en funcionamento un perfil específico en Wikiloc do Concello de Quiroga no que aparecen as mellores rutas e no que se ofrecerán datos continuos sobre o seu estado:

Perfil do Concello de Quiroga en Wikiloc

Esta plataforma que está na internet pódese utilizar tamén desde calquera dispositivo móbil o que facilita aos usuarios os percorridos propostos.

Rutas en el Ayuntamiento de Quiroga

Guía das Rutas de Sendeirismo de Quiroga

[documentos mode=”fullscreen” urlparam=”fb3d-page” id=”5592″ title=”false”]

Máis novas

  • XVII CERTAME CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS

  • PROGRAMA DE MANO DE LA XLIV FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA 2026

  • 14ª VAL DE QUIROGA DE TAPAS

  • Programa da XXVI Mostra do aceite de Quiroga

  • CARNAVAL QUIROGA 2026

  • MERCADO DE NAVIDAD QUIROGA 2025

  • PROGRAMACIÓN NAVIDAD EN QUIROGA 25-26

  • HOJA INSCRIPCIÓN QUIMEDO 6: 25 DE OCTUBRE DE 2025

  • PROGRAMA FIESTAS DE VERANO QUIROGA 2025

  • XXXIV Muestra de la miel de Quiroga 2025

  • II DESCUBRIR QUIROGA

  • HORARIOS DE VERÁNO MUSEOS DE QUIROGA

  • FERIA DEL VINO DE QUIROGA: DESDE EL 11 DE NOVIEMBRE DE 1980

  • CATA DE VINOS ESPUMOSOS