Campamentos de verán en Quiroga 2020

O Concello abre o prazo de inscrición previa para a posible realización dos Campamentos de Verán para o ano 2020 en Quiroga.

Dende o luns, día 22 e ata o 30 de xuño estará aberto o prazo para realizar a inscrición previa de nenos e nenas que estiveran interesados en asistir aos campamentos de verán que se desenvolverían nos meses de xullo e agosto.

A documentación para a inscrición previa poden retirala na Casa da Cultura.

Este ano dada a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, estase a traballar na elaboración dun protocolo de actuación para o desenvolvemento dos campamentos de xeito seguro. Isto levará consigo cambios nas actividades a ofrecer, no número de participantes e tamén nas condicións de admisión.

Máis novas

  • MERCADO DE NAVIDAD QUIROGA 2025

  • PROGRAMACIÓN NAVIDAD EN QUIROGA 25-26

  • HOJA INSCRIPCIÓN QUIMEDO 6: 25 DE OCTUBRE DE 2025

  • PROGRAMA FIESTAS DE VERANO QUIROGA 2025

  • XXXIV Muestra de la miel de Quiroga 2025

  • II DESCUBRIR QUIROGA

  • HORARIOS DE VERÁNO MUSEOS DE QUIROGA

  • FERIA DEL VINO DE QUIROGA: DESDE EL 11 DE NOVIEMBRE DE 1980

  • CATA DE VINOS ESPUMOSOS

  • PROGRAMA XLIII FERIA DEL VINO DE QUIROGA 2025

  • 13ª Val de Quiroga de tapas.

  • Jornada formativa para pilotos de parapente.

  • 25ª MUESTRA DEL ACEITE DE QUIROGA. PROGRAMA

  • CARNAVAL 2025

  • VIII CANTOS DE TABERNA DE QUIROGA