Campamentos de verano 2016 en Quiroga
Dende a Área de Educación do Concello de Quiroga, organízase para os nenos e as nenas de entre 3 (ou que cumpran os tres anos antes de decembro) e 12 anos os Campamentos de Verán 2016, que terán lugar de luns a venres, agás festivos, durante os meses de xullo e agosto.
Concretamente, do venres 1 de xullo ao mércores 31 de agosto en horario de 11:00 a 14:00 horas para todos os participantes.
Todas las actividades estarán adecuadas a la edad de los niños y niñas y habrá monitores y monitoras para cada grupo de edad y una supervisora para los tres grupos.
En la piscina se contará con un socorrista encargado de impartir las clases de natación.
A entrada será para todos/as nenos e nenas na Casa da Cultura e a saída nas piscinas municipais, onde terán que recollelos. Pregamos puntualidade.
Todas as actividades estarán adecuadas á idade dos seus fillos e fillas e haberá monitores para cada grupo de idade e unha supervisora para os tres grupos. Na piscina contamos cun socorrista para as clases de natación.
Para asistir aos campamentos, é necesario que os nenos e nenas de 3 anos teñan autonomía, ademais todos deben traer nunha mochila cómoda para eles, toalla, bañador, chanclas, crema solar, un pequeno tentempé, auga, a muda e unha gorra.
Campamentos de verán 2016 en Quiroga: Actividades e Horarios
Os campamentos están organizados do seguinte xeito:
Prezo
Os campamentos teñen un custo por neno de 25 €/mes para empadroados e de 35 €/mes os non empadroados. Os irmáns que asistan aos cursos terán un desconto de 5 €/mes por irmán.
Os asistentes de menos de 15 días pagarán 13 € por semana.
As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben cubrir a folla de inscrición e presentala na Casa da Cultura antes do luns día 27 de xuño.
O pago das cotas realizarase a primeiros de cada mes.
As prazas non son limitadas. Aquelas persoas que veñan de vacacións a Quiroga e desexen utilizar este servizo poderán inscribirse en calquera momento.