O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o venres 19 de agosto, resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da consellería do Medio Rural, pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas de cara ao aproveitamento de parcelas incorporadas nesta aldea modelo.

As aldeas modelo é un mecanismo para recuperación da terra agraria e asentamento de poboación nos núcleos rurais, co fin de promover as actividades económicas do sector primario e reducir o risco de incendios nas zonas rurais.

No Concello de Quiroga temos a aldea modelo de Bustelo de Fisteus, declarada aldea modelo o 21 de maio de 2021, abrangue 12 hectáreas, 269 terreos e 38 propietarios, e os usos cualificados como idóneos son o aproveitamento gandeiro en extensivo -con prioridade para aquelas explotacións que inclúan unha produción integrada ou ecolóxica-, cultivos de horta, árbores froiteiras e castiñeiros. Realizándose melloras no seu entorno, accesos , servizos e alumado que favorecen a rehabilitación da aldea con fins de interese turístico e residencial, que comporte unha recuperación da poboación e poña en valor o sector primario.

Guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Bustelo de Fisteus: https://agader.xunta.gal/es/recuperacion-de-tierras/aldeas-modelo/guias-de-ordenacion-productiva/bustelo-de-fisteus

Para todas aquelas persoas interesadas en poñer a producir estas terras, poden solicitar información no Concello de Quiroga: concello.quiroga@eidolocal.es o teléfono 982435125.