O Museo Xeológico do Concello de Quiroga en colaboración co  Clube de Montaña Formigueiros, organiza o día 3 de xuño de 2017 a II Xeoruta do Sinclinal da Serra do Courel.

II Xeoruta do Sinclinal da Serra do Courel: Inscrición

A inscrición se pode facer na Casa de Cultura de Quiroga, no teléfono 982435125 ou na dirección de correo electrónico culturaquiroga2@gmail.com.

Sábado día 3 de xuño de 2017.

Saída e retorno: Museo Xeolóxico de Quiroga.

Hora de saída: 10:00 h.

Hora de regreso: 15:00 h.

Dificultade: baixa.

A denominada xeoruta do Sinclinal da Serra do Caurel empezará ás 10:00 h do sábado día 3 de xuño cunha visita guiada ao Museo de Xeoloxía de Quiroga, ás 10:30 h, un autobús levará aos participantes cara ao miradoiro xeolóxico de Campodola, onde haberá unha parada con explicación do que se pode ver dende alí. Dez minutos máis tarde, o autobús levará aos/as participantes ata o desvío da estrada que baixa a Leixazós para empezar a camiñada.

A ruta proposta para camiñar ten 11 Km con 74 metros de desnivel positivo e 458 negativos. A meirande parte do percorrido coincide coa ruta homologada PR-G 192 Ruta do Sinclinal da Serra do Caurel Leixazós-Campos de Vila e pódese considerar como fácil, apta para calquera persoa acostumada a camiñar.

No percorrido visitarase Leixazós, o val do río Ferreiriño ata Campodola coa parada en tres espectaculares fervenzas, entre elas a coñecida como pozo do Botán. A marcha ascende despois ata o alto do Castelín para percorrer todo o cordal, con espectaculares vistas sobre os vales dos ríos Ferreiriño, Quiroga e Sil. A aproximación dende alí a Quiroga farase polas aldeas de Arxubín e Barxa, para atravesar logo a coñecida Gándara Cha da Ermida, con parada para comentar aspectos sobre a industria lítica Paleolítica que apareceu nesta zona e que forma parte dos contidos do Museo Xeolóxico. Logo atravesando o Regueiral e Pacios de Mondelo, ata o Museo.

A hora prevista de chegada será ás 15:00 h.

Para anotarse e recibir información pormenorizada sobre as condicións da II Xeoruta do Sinclinal da Serra do Caurel hai que dirixirse a Casa de Cultura de Quiroga, no teléfono 982435125 ou no enderezo electrónico culturaquiroga2@gmail.com.

Recoméndase roupa e calzado para camiñar pola montaña, auga e comida para repoñer forzas durante a marcha.

Máis novas

  • QUI-MEDO 5. FOLLA DE INSCRICIÓN

  • PROGRAMA FESTAS DE VERÁN QUIROGA 2024

  • DINAMIZACIÓN TURÍSTICA VERÁN 2024: DESCUBRIR QUIROGA

  • PROGRAMA XXIV MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA NO MUÍÑO DE BENDILLÓ

  • XV CERTAME CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS

  • CATA XLII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA 2024

  • PROGRAMA XLII FEIRA DO VIÑO QUIROGA 2024

  • XII VAL DE QUIROGA DE TAPAS: SAN CLODIO-QUIROGA

  • VII CANTOS DE TABERNA DE QUIROGA

  • BASES CONCURSO DESFILE DE COMPARSAS ENTROIDO QUIROGA 2024.

  • CONCURSO DESEÑO DO CARTEL DA XLII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

  • PROGRAMACIÓN DE NADAL 2023

  • Roteiro literario: Quiroga, territorio literario.

  • FORMULARIO DE INSCRICIÓN QUIMEDO 4