O Concello de Quiroga en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia levou a cabo o proxecto denominado “Plan integral de ordenación dos sendeiros do Concello de Quiroga”, lo que se plasmou na nova Guía das “Rutas de Sendeirismo de Quiroga”;.
Nueva guía Rutas de Sendeirismo de Quiroga
Este proxecto comprende varias actuacións encamiñadas a converter o territorio do Concello de Quiroga nun dos puntos de referencia para os amantes da práctica do sendeirismo.
O abeiro deste proxecto realizouse un estudo completo de todos os itinerarios activos dentro do Concello de Quiroga para a toma de datos GPS, fotografías e outros datos que puideran contribuír a ofrecer a mellor información posible aos visitantes e decidir cales son os percorridos máis adecuados para esta práctica.
La guía Rutas de Senderismo de Quiroga
A Guíá dos Sendeiros de Quiroga é unha guía impresa que recolle os seis roteiros homologados do Concello de Quiroga, máis outros tres tradicionais que polas súas características non poden acadar esta cualificación.
Pensouse nunha guía en formato de peto, cómoda de transportar, que contivera a información básica de cada un dos percorridos: datos básicos da ruta (lonxitude, desnivel, dificultade), fotos, mapa, aloxamentos, auga, recomendacións, etc.
Esta guía e cada unha das fichas dos percorridos poderase descargar, en formato .pdf na nova páxina do Concello de Quiroga en concellodequiroga.com
Como complemento a esta edición en papel xa está en funcionamento un perfil específico en Wikiloc do Concello de Quiroga no que aparecen as mellores rutas e no que se ofrecerán datos continuos sobre o seu estado:
Perfil do Concello de Quiroga en Wikiloc
Esta plataforma que está na internet pódese utilizar tamén desde calquera dispositivo móbil o que facilita aos usuarios os percorridos propostos.
Rutas en el Ayuntamiento de Quiroga
Na actualidade o Concello de Quiroga ten tres roteiros homologados:
- Ruta do ouro e do camiño real en Margaride
- Ruta da Lagoa da Lucenza en A Seara
- Ruta do Camiño Ferradal ou de A Caleira entre Rugando e Ponte Soldón
Están en período de revisión para a súa homologación outras tres rutas:
Guía das Rutas de Sendeirismo de Quiroga
[documentos mode=”fullscreen” urlparam=”fb3d-page” id=”5592″ title=”false”]