𝗖𝗢𝗡𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗦𝗘𝗧𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔 𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗗𝗢 𝗩𝗜𝗡̃𝗢 𝗗𝗘 𝗤𝗨𝗜𝗥𝗢𝗚𝗔
RTMQ. Dentro das actividades organizadas polo Concello de Quiroga con motivo da XLIV edición da Feira do Viño de Quiroga, inclúese novamente o concurso de camisetas, que cada ano acada máis éxito sobre todo entre os grupos de mozos e mozas.
Neste concurso poden participar todos os grupos e colectivos que o desexen a partir de catro integrantes. A temática escollida para o deseño e o lema das camisetas estará relacionado coa Feira do viño. Non se admitirán a concurso camisetas que denigren a persoas, grupos ou colectivos, tanto públicos coma privados.
Os participantes deben inscribirse na Casa da Cultura antes do 1 de abril, persoalmente ou chamando ao teléfono 982.43.51.25; ou o propio día da feira no recinto, na caseta de información municipal, antes das sete da tarde.
Un representante de cada grupo anotado a concurso deberá acceder ao lugar do pregón o sábado día 4 de abril para expoñer a súa camiseta diante do público e dos encargados de escoller ao gañador, que serán os pregoeiros desta edición da Feira do Viño, os actores Edu Soto e Iván Massagué.
En canto ao premio, está establecido un só premio de 100 € en metálico e un trofeo para os portadores da camiseta gañadora.