• Galego
  • Español

Ruta A Seara ao pico Pía Paxaro

Ruta A Seara ao pico Pía Paxaro

Logotipo - Rutas de Senderismo de Quiroga

Esta ruta de media montaña que parte de A Seara levaranos a un dos puntos máis altos da Serra do Courel: ao pico de Pía Paxaro que se eleva ata os 1610 metros.

Recoméndase subir polo camiño Sur par realizar o descenso polo ramal Norte.

A ascensión transcorre por pistas de bo firme. No descenso camiñaremos por camiños entre monte baixo e pequenos bosquetes de vexetación autóctona.

DISTANCIA / DURACIÓN

13,36 km / 4 horas 15 minutos

ACCESOS

Inicio en estrada da Seara: Dende Quiroga tomala estrada LU-623 en dirección á Seara. Tras pasar Santa Cubicia atoparémonos un desvío á dereita en dirección á Seara, continuaremos a estrada ata chegar á Seara. Un quilómetro antes de A Seara, nun alto, atópase o inicio do sendeiro.

RECORRIDO

A Seara, Vilarbacú, Pía Paxaro

SINALIZACIÓN

Ruta non sinalizada.

Se non podes ver o mapa, téntalo pinchando nesta ligazón

Puntos de Interese

  • A Seara
  • Pico de Pía Paxaro

Recomendaciones

Ó tratarse dunha ruta que acada máis de 1600 metros de altura, durante varios meses do ano é habitual a presenza de neve. É por este motivo que se fai necesario levar o equipo adecuado, ademais de coñecer as previsións meteorolóxicas.