• Galego
  • Español

Ponte de Barxa do Lor

No lugar da Ponte (Quiroga), nunha paisaxe fermosísima, érguese sobre o río Lor a coñecida como Ponte de Barxa do Lor (A Pobra de Brollón).

A ponte actual data de fins do século XIV.

A referencia máis antiga que se coñece da Ponte do Lor é a do Mapa “Descrición del Reino de Galicia” de 1.598; a partires de aí aparece en toda a cartografía galega.

USO 29
X: 657950
Y: 4714954

A tradición popular

A tradición popular di que pola Ponte de Barxa pasou un rei a cabalo. Consta de tres vanos de formas e dimensións diferentes. O arco maior, no extremo meridional, é de medio punto lixeiramente apuntado, e ten unha luz moi grande, de máis de 20 metros, que non é doado encontrar nas pontes antigas do noroeste. O arco central mide case 9 metros e pódese dicir que é de medio punto. O do extremo setentrional case non se ve por estar agochado entre a lama e unha casa. É máis pequeno cos outros dous, e a forma do seu arco é de medio punto. O piar común dos dous primeiros arcos está defendido da corrente das augas por tallamares.

O piso ten dous tramos de diferente pendente e lonxitude, o que lle confire un perfil curvado.

No peitoril de augas arriba, sobre a clave do arco maior, hai unha gran pedra traballada de forma rectangular que ten dúas volutas no bordo superior, un apéndice central cun buraco propio para poñer nel un cruceiro.

Esta pedra, polas volutas, podería ser do século XVIII (barroco) e foi recuperada do río e posta no seu lugar no ano 1.990.

Os arcos están feitos de diferentes materiais; mentres que as doelas son de pedra calcaria, as bóvedas son de lousa. Os tímpanos máis o peitoril tamén son de lousa. O chan é de croios do río.