A actual Igrexa Parroquial da Ermida é un edificio de dúas naves sometido ao longo da súa historia a numerosas reformas. A parte máis importante inclúe a nave principal e o presbiterio, que corresponde ao século XVII.
Nesta igrexa celébrase os días 8 e 9 de setembro unha romaría de moita sona en toda a bisbarra. A imaxe da Virxe dos Remedios sae en procesión acompañada por dúas figuras de xigantes, chamas «pampórnigas». Desfila tamén «O Meco», figura lendaria que algúns creen que personifica o demo; leva traxe vermello, careta e mañuzo de toxos. Entretén aos fieis para que non entren na igrexa.
A antigüidade da implantación do cristianismo na Comunidade Galega, ven marcada polo chamado «Crismón de Quiroga».
Esta peza datada entre finais do século IV e primeiros do século V, procedente do santuario da Virxe dos Remedios da Ermida, onde, a xulgar por varias pezas como o capitel incrustado na sancristía e as bases de columna que hoxe actúan como pías de auga bendita, podería ter existido no mesmo lugar, ou nas inmediacións, unha basílica ou mausoleo romano.