O GDR Ribeira Sacra-Courel quere impulsar a imaxe de marca das PEMES agroalimentarias mediante un Proxecto de impulso á imaxe de marca e packaging.
A crise sanitaria puxo en evidencia a fraxilidade dos mercados dos pequenos produtores para afrontar os retos que se presentan.
Os novos mercados obrigan a ter unha imaxe de marca forte que transmita a calidade e o valor dos produtos das empresas do GDR Ribeira Sacra-Courel.
O proxecto consiste en realizar unha auditoría a seis empresas agroalimentarias do territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel para mellorar e/ou crear unha imaxe de marca actual e competitiva acorde coas demaandas comerciais actuais.
Asemade pretendemos amosar a importancia da imaxe de marca e o packaging para o incremento das vendas nos produtos agroalimentarios.
Inscrición no Proxecto de impulso á imaxe de marca e packaging
Podes descargar a folla de inscrición dende a seguinte ligazón