• Galego
  • Español

Bienvenue sur la page de profil de

quiroga

Propos de l'auteur

(quiroga)

  • Email: ramonvilaanca@gmail.com
  • Joli nom: quiroga
  • Site Web:
  • Enregistré le:2015-11-19 16:07:05
  • Connecté à: quiroga
  • Auteur ID: 2

Auteur Messages

Carlota Corredera, (Vigo, 21 de xullo de 1974) presentadora, directora, colaboradora de televisión e xornalista
galega coñecida por ter dirixido varios programas de La Fábrica de la Tele, por presentar Sálvame e actualmente por dirixir e presentar Cámbiame.

Licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela en 1977; a partir de entón estivo ligada ao xornal La Voz de Galicia. A súa traxectoria televisiva comezou en Antena 3, cadea na que chegou a ser a subdirectora do programa Sabor a ti, de Ana Rosa Quintana, en 2003.

Despois pasou a Telecinco para dirixir programas como TNT, El laberinto de la memoria y Hormigas blancas. No 2009 déronlle a oportunidade de dirixir Sálvame e Sálvame Deluxe (más tarde coñecido como Sábado Deluxe). Neste último estivo ata 2013.

No 2013 uniuse como colaboradora de Abre los ojos y mira, e no 2014 comezou a ser presentadora sustituta de Sálvame. Ademais, no 2016 colaborou para o mesmo programa. No verán deste mesmo ano comezou a colaborar en Hable con ellas e a presentar o docu-reality Los Campos.

A finais do 2016 anunciouse a súa fichaxe como nova presentadora de Cámbiame a partir do 9 de xaneiro de 2017.

O 18 de maio de 2017, sale a venda o seu primeiro libro Tu también puedes: como conseguí perder 60 kilos y ganar salud.

O Concello de Quiroga aprobou na sesión plenaria do día 1 de marzo, unha baixada dos impostos co fin de fomentar a implantación e a fixación de empresas no municipio.

Unanimemente aprobouse a modificación das ordenanzas fiscais dos impostos sobre Actividades Económicas (IAE), sobre Bens Inmobles (IBI) e sobre Instalacións, Construcións e Obras (ICIO). Así como pola realización de actividades administrativas con motivo da apertura de establecementos no concello de Quiroga.

Estas rebaixas fiscais van encamiñadas a loitar contra o despoboamento, fomentar a creación de emprego e reactivar a economía do Concello.

En canto aos impostos sobre Bens Inmobles, Actividades Económicas e Instalacións, Construcións e Obras; establécese unha bonificación de ata o 95% da cota correspondente  para as empresas que sexan declaradas de especial interese por concorrer circunstancias de fomento de emprego pola creación de 20 postos de traballo. Se a creación de postos de traballo está entre 11 e 20 a rebaixa fiscal serán cando menos do 75% e  do 50% se os postos creados son ata 10.

Esta bonificación será de aplicación na implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como naqueles outros casos nas que se amplíen as instalación,  sempre e cando impliquen a creación de emprego.

A corporación municipal aprobou inicialmente esta modificación das ordenanzas fiscais que se expoñerán ao público durante trinta días hábiles. De non formularse reclamacións no prazo de exposición pública a aprobación elevarase a definitiva, entrando en vigor no momento da publicación das ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia.

Foto: Alberto López. La Voz de Galicia

O Concello de Quiroga a través da Área de Xuventude, convoca a 7ª edición do Concurso “Quiroga de Tapas” que este ano se desenvolverá entre os días 22 e 30 de marzo.
Este ano participan os seguintes establecementos:  Adega de María, Bar as Palmeiras, Bar Raposo, Bar Quiper,  Pub Ruxe-Ruxe , Bar Lago, Bar Félix, Restaurante o Roxo Vivo , Casa Torres, Bar Chapakuña 3 , Mesón Ferreiriño, Ciber-Café A Pedra e Restaurante Dimar.
Na presente edición cóntase con numerosos premios para as persoas que completen o circuíto e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes.  Os premios aos que poden optar son os seguintes:

– 300 Euros en metálico

– Cea para dúas persoas na Ferrería de Rugando (Quiroga)

– Parrillada de carne para dúas persoas en Parrillada Torres (Quiroga)

– Xantar ou cea para dous en Chapakuña 3 (Quiroga)

– Estancia na Aldea Rural “O Busto” para catro persoas (Pobra do Brollón)

– Almorzo especial para dúas persoas en Chokolat (Monforte)

-Cea degustación para dúas persoas en Abadía San Simón (Campo de golf en Monforte)

– Xantar para dous en O Viñedo (Monforte)

– Xantar para dous en  Tapería Brancellao (Monforte)

– Un xantar ou cea para dous en Manuel Bistró (Monforte)

-Un almorzo especial o merenda para dúas persoas en El Jardín de las Delicias (Monforte)

-Produtos típicos de Quiroga: CAURELOR, Cervexa Curriña, Lar de Ricobao, Porvide e Rego Natura

Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente edición recibirá 100,00€ e unha placa conmemorativa.

Reunida a comisión organizadora da trixésimo sexta edición da Feira do Viño de Quiroga, presidida polo mandatario local, Julio Álvarez Núñez, acordouse crear as distintas subcomisións para ir perfilando o programa do evento.

Tamén abriuse o prazo de inscrición dos colleiteiros interesados en participar, do 12 ao 26 de xaneiro,  e perfiláronse os requisitos para participar na XXXVI edición que terá lugar os días 31 de marzo e 1 de abril:

– Cantidade  mínima: 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.

– Graduación alcohólica mínima: 12 º para o viño branco. 11,5 º  para o viño tinto.

– Acidez volátil máxima: 0,5 gr. acético/l. para o viño branco. 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, procederase a recollida das mostras para realizar os análises organolépticos dos caldos.