Trátase dunha ruta circular de media montaña, dentro do espazo Rede Natura dos Ancares-Courel, na que sairemos dos vales para chegar ata a alta montaña lucense. O percorrido iníciase na aldea de montaña de A Seara, e ascende polo val de Forgas, pasando polas fervenzas do Fócaro e de Navarega, ata chegar á Lagoa da Lucenza, de orixe glaciar e cuxa antigüidade se remonta ó plistoceno. Seguimos ascendendo ata a Campa da Lucenza, a uns 1500 m de altitude, e enlazamos cunha pista de terra que percorre a parte alta destas montañas. Ó chegar ás proximidades do Alto de Formigueiros, desviarémonos por un sendeiro que nos levará de volta á Seara pola outra ladeira do val de Forgas..
DISTANCIA / DURACIÓN
9,5 km /4 horas 20 minutos
ACCESOS
Dende Ourense pola N-120. Tomar a saída cara Quiroga. Dende alí, continuar pola LU-623 hata pasar Santa Cubicia e desviarse cara a LU-P-5001 dirección A Seara.
PERCORRIDO
A Seara, Lagoa da Lucenza, Campa da Lucenza, A Seara.
SINALIZACIÓN
Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM. Existe un panel informativo no inicio da ruta. Marcas de pintura realizadas no 2015
PUNTOS DE INTERESE
RECOMENDACIÓNS
Trátase dunha ruta de montaña, con nevaradas habituais durante o inverno, que require maior preparación e equipamento. Dende a pista de terra da parte superior, pódese visitar a Devesa da Rogueira, ainda que este desvío se atopa fora do trazado homologado.