O vindeiro sábado 27 de agosto a partires das 11:00 h, na Casa da Cultura, terá lugar o XVIII Encontro de Poetas no Val de Quiroga, organizado polo Concello de Quiroga e o grupo poético “ Amencer quirogués“.

XVIII Encontro de Poetas no Val de Quiroga

Un ano máis os poetas da comarca, Xesús Galán e Pepe Pol, serán os encargados de presentar o acto este ano acompañados por Ángel Álvarez,  onde Manuel Cuenya actuará como pregoeiro deste certame.

A este acto acoden cada ano máis poetas, tanto da nosa Comunidade coma doutras da xeografía española, todos eles co afán de potenciar este xénero literario. Preto  dunha vintena de poetas están xa anotados para participar nesta nova edición, algúns que xa veñen participando dende a primeira edición deste certame e outros que se incorporan por primeira vez no Encontro de Poetas.

O acto contará coa música en directo do gaiteiro David Rodríguez Arias.

Con este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interese pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de desenvolvemento da creatividade de todos os poetas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra.

Unha vez rematado o evento entregaraselles a todos os participantes do certame un pequeno detalle para agradecerlles a sua participación neste novo encontro de poetas no Val de Quiroga.

Más noticias

  • PROGRAMA XXIV MUESTRA ACEITE DE QUIROGA EN MOLINO DE BENDILLÓ

  • XV CERTAME CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS

  • CATA DE LA XLII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

  • PROGRAMA XLII FERIA DEL VINO DE QUIROGA

  • XII VAL DE QUIROGA DE TAPAS

  • VII CANTOS DE TABERNA DE QUIROGA

  • BASES CONCURSO CARNAVAL QUIROGA 2024

  • CONCURSO DISEÑO CARTEL XLII FERIA DEL VINO DE QUIROGA

  • PROGRAMACIÓN DE NAVIDAD 2023

  • Ruta literaria: Quiroga, territorio literario.

  • FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN QUIMEDO 4

  • PROGRAMA XXXII MOSTRA DO MEL DE QUIROGA 2023

  • FIESTAS DE VERANO QUIROGA 2023, DEPORTES

  • FIESTAS DE VERANO EN QUIROGA 2023, PROGRAMACIÓN CULTURAL

  • XXXII MOSTRA DO MEL DE QUIROGA, 10 DE AGOSTO 2023