• Galego
  • Español

Ruta da Fonte do Cal a Cereixido

Ruta de la Fuente do Cal a Cereixido

Logotipo - Rutas de Senderismo de Quiroga

O sendeiro ten un percorrido circular, cunha distancia de 3,22 km. Comeza ó lado da estrada que une Rugando e Cereixido.

Moi preto do inicio atopamos a “Casa da Santa de Cereixido”, unha pequena capela típica da zona, actualmente derruída case por completo.

Continuando o camiño chegamos ata Cereixido.

Recoméndase visitar a aldea, aínda que está practicamente deshabitada, é un claro exemplo das típicas aldeas da montaña lucense.

Despois de atravesar esta aldea, o sendeiro percorre un tramo de estrada asfaltada, despois descende por camiños de terra entre soutos de castiñeiros ata acadar o punto inicial.

DISTANCIA / DURACIÓN

3,22 km / 1 hora

ACCESOS Inicio en estrada de Rugando a Cereixeiro:

Dende Quiroga tomar a N-120 dirección Ponferrada.

Tras 5 km tomar a estrada dirección Paradaseca, continuar nela deixando atrás Paradesca e Rugando hata atopar o inicio da ruta.

PERCORRIDO Inicio, Casa da santa de Cereixido, Cereixido.

SINALIZACIÓN

Ruta non sinalizada.

Si no puedes ver el mapa, inténtalo pinchando en el siguiente enlace

Puntos de Interese

  • Souto de Caleira
  • Casa da Santa
  • Forno de Cal
  • Muiño Fariñeiro
  • Contorno de Cereixido (igrexa, teixo centenario)

Recomendacións

Recoméndase visitar a igrexa de Cereixido, atópase facilmente desviándonos uns 100 metros dende a aldea.

Ó lado do santuario podemos ver un teixo típico dos camposantos galegos.

Este exemplar pertence ó catálogo de Árbores e Formacións Senlleiras de Galicia.