A Ruta da Encomenda é unha ruta circular que percorre o entorno de Quiroga e descorre polos camiños empregados durante séculos polos viaxeiros e os habitantes da zona, coincidindo en parte có Camiño de Santiago de Inverno.
Durante o traxecto poderemos ver o Castelo de Os Novaes situado sobre unha crista rochosa dende a que se divisa o río Sil.
Continuando polo sendeiro atravésase o conxunto histórico-artístico de O Hospital, no que poderemos visitar a Capela de San Xoán, que na actualidade forma parte da Igrexa de San Salvador de Hospital.
Durante o percorrido poderemos observalos paisaxes do val de Quiroga, os viñedos e as plantacións de olivos.
DISTANCIA / DURACIÓN
6,75 km / 1 horas 40 minutos
ACCESOS
Inicio en A Ermida: Dende Quiroga saír cara o Norte pola rúa Tallos cara a rúa Courel para tomala estrada LU-651 e dous quilómetros despois xirar á dereita cara o santuario de A Ermida onde comeza a ruta.
Inicio en Os Novaes: Dende Quiroga tomala estrada N-120 dende a rúa do Pereiro, despois de conducir tres quilómetros por esa estrada e á esquerda tómase a saída cara Os Novaes, dende onde parte a ruta.
PERCORRIDO
A Ermida, Barxa, Carballedo, San Xulián de Arriba, Caspedro, O Castelo, Os Novaes.
SINALIZACIÓN
Ruta non sinalizada e con moitos cruzamentos.
Se non podes ver o mapa, téntalo pinchando na seguinte ligazón
Recomendámosvos visitar o conxunto artístico-histórico de O Hospital e o Castelo de Os Novaes.