• Galego
  • Español

PR-G 191 A Seara-Rugando

Logotipo - Rutas de Senderismo de Quiroga

Esta ruta de sendeirismo recupera o camiño que, durante séculos, foi a principal vía de comunicación ó longo do río Soldón, unindo as zonas de montaña cos pobos da ribeira do Sil.
O camiño utilizábase antigamente para baixar o mineral de ferro dende os xacementos do monte Formigueiros, ás ferrerías de Soldón, O Mazo, Outeiro e Rugando.
Dende A Seara o camiño vai descendendo cara as aldeas de O Soldón y O Mazo. Entre castiñeiros centenarios atoparemos o desvío cara a Devesa do Cervo e as ruínas da Ferrería do Mazo. Camiñaremos entre bosques e prados ata Outeiro, onde comeza un pequeno ascenso para saír do fondo do val do río Soldón.
Finalmente chegaremos a Vilarmel, dende onde baixaremos cara Rugando, onde se atopa a ferrería hoxe convertida en aloxamento rural.


DISTANCIA / DURACIÓN

18,3 km / 5 horas 55 minutos


ACCESOS

Inicio en estrada de A Seara:
Dende Quiroga tomar a estrada LU-623 en dirección á Seara. Un kilómetro antes de chegar á Seara atópase oinicio de la ruta.
Inicio en Rugando:
Desde Quiroga tomar la N-120 dirección Ponferrada.Tras 5 km tomar la carreterra dirección Paradaseca, pasando Paradapiñol encontraremos Rugando, a 500 metros siguiendo la carretera se encuentra el inicio del sendero.


PERCORRIDO

Estrada da Seara, Soldón, O Mazo, Outeiro, Vilarmel, Rugando.


SINALIZACIÓN

Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM. Existen paneis informativos en ámbolos extremos da ruta. Marcas de pintura realizadas no 2015.


PUNTOS DE INTERÉS

  • Ferrería de O Mazo
  • Val do río Soldón

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase realizar a ruta en sentido A Seara-Rugando, pois o desnivel é favorable. É posible continuar baixando polo val ata o río Sil polo PR-G 187 Camiño do Ferradal.

Se non queredes deixar un coche en cada extremo da ruta, podedes reservar un taxi na parada de taxi de Quiroga (982 428 908).

Logotipo - Rutas de Senderismo de Quiroga