• Galego
  • Español

PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real

PR-G-141 Ruta do Ouro e do Camiño Real

Logotipo - Rutas de Senderismo de Quiroga

A ruta PR-G-141 Ruta do Ouro e do Camiño Real é unha ruta circular que comeza na aldea de Margaride, o lado do antigo complexo mineiro romano coñecido como Covas do Medo.

Ascendemos por un sendeiro ata acadas a aldea das Covas. Dende aquí, unha pista forestal nos levará con unha dura subida ata a cima na que se atopan os restos do Castro Dares e un miradoiro cunha espectacular panorámica do río Sil, o val de Quiroga e os cumios que o rodean.

Tras repoñer forzas, a ruta acomete pequenas baixadas e suaves subidas ata enlazar co trazado do Camiño Real, sinalizado como Camiño de Inverno.

Dende aquí se continúa polo norte da aldea de Riomaior. Cruzaremos o Pontón do Rigueiro, unha antiga ponte restaurada recentemente, e regresaremos de volta a Margaride a través do antigo Camiño da Misa.

DISTANCIA / DURACIÓN

15,49 km (circular) / 5 horas 20 minutos

ACCESOS

Na N-120 que une Ourense con Ponferrada, tomar a LI-5003 que leva a Margaride.

PERCORRIDO

Covas do medo, Castro Dares, Camiño Real, Riomaior, Pontón do Rigueiro, Covas do Medo.

SINALIZACIÓN

Sinalización segundo a normativa de homologación da FGM.

Existen paneis informativos en ámbolos extremos da ruta.

Marcas de pintura realizadas no 2015.

Si no puedes ver el mapa, inténtalo pinchando en el siguiente enlace

Puntos de Interese

  • Margaride
  • Miradoiro de Castro Dares

Recomendacións

Na aldea de Margaride resulta curioso observar como as construcións se asentan sobre a antiga explotación aurífera romana, ata se aproveitan galerías e desmontes como adegas e cortes.