Tal vez o exemplo máis papable da acción dos xeos nesta zona da Serra do Caurel é a lagoa da Lucenza, emprazada a 1.440 metros de altura, que se formou despois da desaparición do glaciar.
A acción dos xeos glaciares durante o Plistoceno, período que comezou hai 2,58 millón de anos e rematou hai uns 1o.o00 anos atrás, maniféstanse nunha serie de pegadas que axudaron a modelar o terreo e darlle o aspecto que presenta na actualidade.
Dous dos vales da parte norte do Concello de Quiroga, en plena Serra do Caurel, como son os de A Seara e Vieiros, conservan moitos dos elementos caraterísticos da modelaxe glaciar, tale como circos, limiares rochosos e cordóns de moreas, grazas aos que é posible imaxinar que o glaciar principal acadou no seu máximo avance recoñecido uns 6 km de lonxitude e uns 200 metros de grosor.
A acción erosiva do xeo, os depósitos deixados polo seu retroceso, axudados pola presenza dun sainte rochoso, fixo que a auga do desxeo se acumulase formando esta lagoa.
USO 29
X: 654786
Y: 4717292