• Galego
  • Español

Concello de Quiroga

Quéroche dar a benvida á web do Concello de Quiroga.

Espero que este espazo sirva para que o noso concello se dea a coñecer fóra do noso ámbito; poñendo a vosa disposición os aspectos de maior interese: servizos, historia, tradicións, patrimonio cultural e sobre todo natureza e tranquilidade.

Sen embargo, non queremos que a páxina do concello sexa únicamente unha ventá aberta ó exterior; senón, tamén, un instrumento para o diálogo coas xentes do municipio.

Un concello extenso coa poboación dispersa como Quiroga dificulta, en ocasións, a comunicación entre os veciños e os seus representantes; queremos que coñezan a organización interna do concello, os servizos que presta, as obras que están en marcha e xestionándose.

Pretendemos que esta páxina teña vida; por iso podedes, se así o desexades, expresar o voso parecer ou solicitar máis información, no menú de contacto.

Se a visitas con frecuencia comprobarás que se actualiza periódicamente para vos ofrecer información sobre as actividades programadas; así como das axudas e subvencións das administracións públicas.

Dende aquí tamén te manteremos actualizado sobre as feiras, festas e eventos celebrados por todo o concello.

Se nos vemos honrados coa vosa visita sabede que nos encantará darvos a benvida ao Concello de Quiroga.