Acceso a Sede Electrónica do Concello de Quiroga
Para contactar connosco ou para o envío de documentación pode dirixirse a:
concello.quiroga@eidolocal.es,
empregar o formulario de contacto deste portal
ou ben:
Concello de Quiroga Rúa Real nº52
CP: 27320 Poboación: Quiroga Provincia: Lugo
Telf: +34 982 42 80 01
Fax: +34 982 42 88 08
José Luis Rivera Castro, Alcalde de Quiroga
Un dos avances derivados do desenvolvemento das telecomunicacións foi o achegamento da Administración ao cidadán salvando as distancias físicas e os horarios de atención ao público, ao tempo que permiten ofertarlles servizos similares a cidadáns do medio urbano e do rural.
Pouco a pouco as relacións administrativas entre o cidadán e a Administración a través de medios telemáticos vaise convertindo en algo cotián, establecendo unha canle bidireccional de información que repercutirá na mellora da calidade dos servizos ofertados.
A xanela dixital que nos ofrece a Sede Electrónica do Concello de Quiroga pretende ser un paso máis na liña iniciada xa hai tempo polo Concello de Quiroga de achegar máis a administración e o día a día municipais aos cidadáns.