Esta ruta comeza no Concello de Cibrisqueiros, na parroquia de Pombeiro. Pouco despóis de iniciar o percorrido podemos tomar unha derivación que nos levará á igrexa de San Vicente de Pombeiro. Tra-la visita retomaremos o camiño principal, afastándonos da vila e adentrándonos no bosque, onde veremos acacias, robles, castiñeiros e alcornoques.
No percorrido atoparemos as Tumbas do Preguntoiro, antigos enterramentos antropomorfos excavados na roca. Atravesaremo-la vila abandoada de Penaveada para chegar a San Cosmede, no final do sendeiro.
Todo o percorrido está incluido dentro do espazo Red Natura Canón do Sil, de grande valor paisaxístico i ecolóxico.
Read More