Romaría tradicicional de moito arraigo en toda a Comarca de Quiroga.
Celébrase unha novena na honra da Virxe do Remedios, na que participa un grande número de persoas.
O día 7, último día do novenario, a Virxe en procesión percorre a rúas de A Ermida.
O día 8, celébranse misas durante toda a mañán, aínda que o acto central é a partires das 13 horas: misa Solemne con procesión na que participan as tradicionais figuras do “meco” e as “pampornigas”.
Neste día multitude de familias e grupos de amigos xantan no campo da festa de A Ermida. Pola tarde xogos populares e festa con orquesta.
O día 9 repítense os actos do día anterior.