Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feira do Viño de Quiroga

11 Abril, 2020 - 12 Abril, 2020

A feira do viño de Quiroga convírtese, cada ano, nun excelente escaparate da produción vitivinícola da Ribeira Sacra.

Así, cada sábado e domingo da Pascua, dende hai máis de 30 anos o Concello de Quiroga organiza unha exaltación dos seus afamados caldos na que participan aqueles colleiteiros que elaboran os seus viños, aínda, dun xeito artesanal.

Os postos de venta e mostra instálanse nun tramo da Rúa Real, acompañados por puntos de venta de todo tipo de produtos típicos artesanais da zoa: mel, aceite, augardente, licores, castañas secas, etc.

Milleiros de visitantes achéganse a Quiroga para gozar dos seus viños e poder asistir a propia celebración e as numerosas actividades paralelas que se organizan, como exposicións, carreira popular, concertos, alboradas…

Ano tras ano convertíuse nunha das feiras máis importantes do nordeste da Península Ibérica, xunto coas de Amandi e Chantada.

Detalles

  • Comezo: 11 Abril, 2020
  • Remate: 12 Abril, 2020

Recinto

  • Quiroga