O Comité Executivo da UNESCO recoñeceu o xoves 11 de abril; nunha data histórica para a Comarca de Quiroga, o proxecto «Montañas do Courel» coma o primeiro Xeoparque Mundial de Galicia: NOMINATION OF NEW UNESCO GLOBAL GEOPARKS.
Deica a data contaban con este recoñecemento 140 espazos de todo o mundo, 12 en España, 16 na Península Ibérica.
A candidatura para esta declaración foi promovida oficialmente dende 2016 polos concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga; integrados na Asociación Montañas do Courel e o Grupo de Desarrollo Rural Ribeira Sacra-Courel.
Durante a 3ª sesión do Consello Mundial de Xeoparques UNESCO; do 8 ao 9 de setembro de 2018, o Consello avaliou as seguintes novas solicitudes.
As decisións do Consello non están abertas para apelación.
Conforme ao artigo 5.3 das directrices operativas dos Xeoparques mundiais da UNESCO, toda a documentación relacionada cunha aplicación de Xeoparque mundial da UNESCO ponse a disposición do público.
Esta é a memoria presentada o 1 de abril de 2017, con carácter de urxencia (para obter a carta de apoio imprescindible) e optar como aspirantes diante da Unesco:
Todas as consultas, aclaracións, suxestións, teñen que ser envíadas para ao enderezo de correo electrónico: grupogdr8@yahoo.es.
Para ilo, tamén, podes empregar o formulario de contacto dispoñible no noso portal