Ao carón do camiño Ferradal, polo que se transportaba o mineral á ferrería da Gorgueira de Paradaseca, aparece a área mineira de Penafurada.
Aquí aínda pode verse o pequeno túnel escavado no esporón rochoso para non ter que interromer a canle pola que os romanos levaban auga para a súas explotacións mineiras do curso baixo do río Soldón e incluso do río Sil (Sequeiros).
Ademais, dende esta fermosa paraxe natural pódense contemplar dúas pequenas explotacións auríferas na outra beira do río Soldón.
A zona está equipada con tres paneis interpretativos da minería romana, do camiño ferradal e os elementos etnográficos que contén esta impresionante ruta.
USO 29
X: 648722
Y: 4703254