• Galego
  • Español

Festas e Romerías

Feira do Viño (Quiroga)

Data de celebración: anual, sábado e domingo de Pascua.
Certame de exaltación dos viños da terra. A feira do viño convértese cada ano nun excelente escaparate da produción vitivinícola da Ribeira Sacra. Así, cada sábado e domingo de Pascua dende hai máis de 30 anos o Concello de Quiroga organiza unha exaltación dos seus afamados caldos na que participan aqueles colleiteiros que elaboran os seus viños aínda dunha forma artesanal.
Os postos de venda e mostra instálanse nun treito da Rúa Real, acompañados por puntos de venda de todo tipo de produtos típicos artesanais da zona (mel, aceite, augardente, licores, castañas secas etc). Millares de visitantes achéganse a Quiroga para gozar dos seus viños e poder asistir á propia celebración e ás numerosas actividades paralelas que se organizan, como exposicións, carreira popular, concertos, alboradas…
Ano a ano converteuse nunha das feiras máis importantes do noroeste da Península Ibérica, xunto coas de Amandi e Chantada.

feira do viño   IMG_3235


Mostra do Aceite de Quiroga no muíño de Bendilló (As Farrapas)
Declarada festa de Galicia de interese turístico, acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de maio de 2013.

Data de celebración: anual, a mediados do mes de maio.
Unha vez feita a colleita da oliva procédese á elaboración artesanal do aceite en decembro-xaneiro (dependendo do ano). O proceso consiste en moer as olivas nun muíño que consta dunha pedra redonda e vertical que xira sobre unha base cóncava do mesmo material. A pasta resultante trasládase ao lagar, onde se prensa en capazos de esparto á vez que se lle engade auga. Nun recipiente recóllese o liquido resultante. Alí, polas diferentes densidades dos dous líquidos, sepárase o aceite da auga. Ao aceite obtido de machucar as olivas chámaselle aceite virxe; ao que se obtén ao final do proceso, cargado de impurezas chámaselle “borra”. Utilizábase este último para untar coiros e ferramentas, e tamén para as lámpadas e os animais.
Coa mostra do aceite inténtase promover un produto que noutro tempo tivera unha grande importancia e que agora estase a recuperar a pasos axigantados co coidado das vellas plantas e a incorporación de novas plantacións.

IMG_0884            IMG_6399


Feira do Mel (Quiroga)

Data de celebración: día 10 de agosto, coincidindo coa feira de mes máis importante do ano.
O mel de Quiroga, a dicir dos entendidos, é de grande calidade e ten unhas características que o individualizan entre os de Galicia. As actividades da Feira do Mel inícianse na xornada anterior ao día grande. Pola tarde, na Casa da Cultura entréganse as credenciais aos apicultores e procédese ao sorteo dos postos de venda que ocupará cada un deles. Este acto normalmente coincide con algunha conferencia sobre o tema e coa degustación do produto. O propio día da feira, despois da inauguración oficial do certame, a xente achégase ata os distintos postos para comprar o mel desta zona.

IMG_1358      IMG_1359


Festa do San Martiño

Praza Maior de Quiroga.
11 de Novembro

Festa tradicional celebrada na honra de San Martiño, patrono de Quiroga, organizada polos veciños do barrio coñecido como a Praza e o Concello. Pola mañán actos relixiosos con misa solemne e procesión, pola tarde numerosos actos culturais, xogos populares para nenos e maiores e o acto central da festa, un multitudinario magosto regado con viño novo. Os actos desenvólvense na praza maior.


Festas de verán na vila de Quiroga

Data de celebración: durante a primeira quincena do mes de agosto.
Multitudinaria festa veraniega, con numerosa programación cultural, bailes e competicións deportivas. O primeiro día desta festa adoita a celebrarse un Festival Folklórico.

IMG_6606   IMG_6583      IMG_6509


Romaría de Nosa Sra. dos Remedios. A Ermida

Data de celebración: 8 e 9 de Septembro.

Romaría tradicicional de moito arraigo en toda a Comarca de Quiroga. Celébrase unha novena na honra da Virxe do Remedios, na que participa un grande número de persoas. O día 7, último día do novenario, a Virxe en procesión percorre a rúas da Ermida. O día 8, celébranse misas durante toda a mañán, aínda que o acto central é a partir das 13 horas: misa Solemne con procesión na que participan as tradicionais figuras do “meco” e as “pampornigas”. Neste día multitude de familias e grupos de amigos xantan no campo da festa da Ermida. Pola tarde xogos populares e festa con orquesta. O día 9 repítense os actos do día anterior.

meco pampornigas     IMG_3851     IMG_3853


QUI-ROMA. Festa de ambientación histórica castrexo romana. Quiroga.

Data de celebración: 20 de agosto de 2016

Actividades: Celébrase na Praza Maior da vila de Quiroga. Os asistentes a este evento poden disfrutar ao longo de toda a xornada de: -mercado romano, con artesanía, productos típicos etc; -obradoiros infantiles,
-actuacións de música tradicional, -mostra artesanal, -xogos de ambientación romano castrexo para todas as idades, -desfile de romanos e castrexos pola rúa principal da vila ata a Praza Maior, -loita de gladiadores, -festa da sangría e -disco móbil. No recinto da festa hai onde comer, como complemento aos establecementos da vila.

IMG_1367   IMG_1392   11873411_1162005770482325_7176147292018503377_n


Festa do San Bartolomé. Hospital

Data de celebración: 24 e 25 de Agosto

Misa Solemne e Procesión, achéganse ofrecidos de tódala comarca para cura-lo medo. Competicións de deportes autóctonos e bailes populares no recinto da festa.


Festa do Ouro de Montefurado

Data de celebración: Sen data fixa de celebración, na segunda quincena de agosto.

Actividades: Festa de ambientación romana: xogos, demostracións, charlas…

11846547_1063614953670942_7548086499437891525_n


Festa do Ouro de Margaride

Data de celebración: Sen data fixa de celebración. Mediados do mes de agosto.

Actividades: festa de animación castrexo-romana. Xogos, charlas, demostracións… no lugar de O Medo, ao carón da vila de Margaride.

11873476_1060726523959785_2329350430971573955_n


 

Festa do San Miguel. Montefurado

Data de celebración: 29 de Septembro

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa de Nosa Sra. da O. Vilaster

Data de celebración: 15 Agosto

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa de San Xoán das Farrapas. Bendilló

Data de celebración: 28-29 de Agosto

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa do Cristo. Bendollo

Data de celebración: 22-23 de Agosto

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa do San Marcos. Paradaseca

Data de celebración: 25 de Abril

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa do San Antón. Hospital

Data de celebración: 12-13 de Xuño

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán. Ten como elemento singularizador a chamada subasta de productos do porco. Os veciños ofrécenlle ó San Antón todo tipo de productos derivados do porco: chourizos, lacóns, cachuchas etc. Unha vez concluida a celebración relixiosa procédese á subasta pública dos productos ofrecidos, a recadación é para a parroquia


Festa do San Antón. Caspedro

Data de celebración: Mediados de Xaneiro

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán. Ten como elemento singularizador a chamada subasta de productos do porco. Os veciños ofrécenlle ó San Antón todo tipo de productos derivados do porco: chourizos, lacóns, cachuchas, etc. Unha vez concluida a celebración relixiosa procédese á subasta pública dos productos ofrecidos, a recadación é para a parroquia


Festa da Virxe do Carme. Campos de Vila

Data de celebración: 16 de Xullo

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán. Neste lugar da Parroquia do Hospital están moi arraigados deportes autóctonos como a chave e os bolos, durante as festas patronais celébranse importantes competicións con numerosos participantes.


Festa da Virxe do Rosario. Cereixido

Data de celebración: segundo domingo de Outubro

Festa relixiosa, misa solemne e procesión.


Santa María Madalena. Cereixido

Data de celebración: 22 de Xullo

Festa relixiosa, misa solemne e procesión.


Festa da Virxe da Saude. Nocedo

Data de celebración: último domingo de Septembro.

Festa relixiosa, misa solemne e procesión. Os días precedentes celébrase un novenario.


Festa do Rosario. Espandariz

Data de celebración: 4 de Octubre.

Festa relixiosa, misa solemne e procesión. Os días precedentes celébrase un novenario.


Festa de Santiago. As Medas

Data de celebración: 25 de Xullo.

Festa relixiosa, misa solemne e procesión.


Festa de Vilar de Mondelo

Data de celebración: 20 de Xaneiro.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa da Asunción. Fisteus

Data de celebración: 15 de Agosto.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán. Recuperada nos últimos anos por un grupo de veciños deste lugar.


Festa do San Marcos. A Lama. Fisteus

Data de celebración: 25 de Abril.

Festa relixiosa, con misa solemne e procesión.


Festa do San Antón. Carballo do Hospital

Data de celebración: No mes de Xuño.

Festa relixiosa, con misa solemne e procesión.


Festa do Santiago. Vilañán

Data de celebración: 25 de xullo.

Festa relixiosa con misa solemne e procesión.
Festa relixiosa.


Festa de Centais

Data de celebración: 28 de Maio.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa do San Ciprian. Parteme

Data de celebración: 12 de Agosto

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa dos Remedios. Carballo do Lor

Data de celebración: 4-5 de Septembro.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa da Ascensión. Freixeiro

Data de celebración: Xoves da Ascensión.

Festa relixiosa con misa solemne e procesión.


Festa do San Vicente. Margaride

Data de celebración: 25 de Xaneiro

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa do Soldón da Seara

Data de celebración: 22 de Agosto

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán. Nesta zona está moi arraigado o deporte autóctono dos bolos, nas festas celébrase unha importante competición deste ancestral deporte.


Festa do Rosario. Bustelo do Lor, Lamas do Lor e Vilar do Lor

Data de celebración: 4 de Outubro.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa de Santa María Madalena. A Seara

Data de celebración: 19 de Septembro.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán. Nesta zona está moi arraigado o deporte autóctono dos bolos, nas festas celébrase unha importante competición deste ancestral deporte.


Festa do San Xosé. Bustelo do Lor, Lamas do Lor e Vilar do Lor

Data de celebración: 19 de Marzo.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa da Santa Isabel. Orxais, Soan e Vilar do Lor

Data de celebración: 3 e 4 de Agosto.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa de San Sebastián. Orxais, Soan e Vilar do Lor

Data de celebración: último domingo de xaneiro.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.


Festa do San Antón. Xestoso

Data de celebración: 13 de Xuño.

Típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán.