• Galego
  • Español

Paseo Fluvial

Logotipo - Rutas de Senderismo de Quiroga

Este paseo transcorre na súa totalidade pola ribeira de dous ríos.

Os tres primeiros quilómetros camíñase acompañado do río Quiroga, ata chegar a súa desembocadura no río Sil, continuando paralelos a este último ata chegar á ponte do Sil onde finaliza o agradable paseo.

Trátase dun camiño cómodo, sen pendentes e coa posibilidade de percorrelo en bicicleta.

DISTANCIA / DURACIÓN

4,43 km / 1 hora

ACCESOS

Inicio en río Quiroga: Dende Quiroga saír pola rúa Real en dirección sueste cruzando o río Quiroga e continuando pola estrada LU-623.

Pasados 600 metros de ter cruzado o río desviarse cara a esquerda para atopar o panel de inicio do sendeiro.

Inicio en río Sil: Dende Quiroga saír pola rúa Real en dirección á estrada LU-933.

Aproximadamente a 1 quilómetro despois, xirar á esquerda para atopar a estrada LU-651. É ahí mesmo, na ponte sobre o río Sil, onde comeza a ruta

PERCORRIDO

Río Quiroga, Quiroga, desembocadura do río Quiroga, río Sil.

SINALIZACIÓN

Non está sinalizado seguindo os criterios homologados.

Si no puedes ver el mapa, inténtalo pinchando en el siguiente enlace

Puntos de Interese

  • Río Quiroga
  • Río Sil
  • Quiroga

Recomendacións

Se está de visita en Quiroga é un bo paseo para realizar comodamente a pé iniciando o camiño no núcleo urbano.