• Galego
  • Español

Área minera romana de Penafurada. Paradaseca

USO 29
X: 648722
Y: 4703254

Ao carón do camiño Ferradal, polo que se transportaba o mineral á ferrería da Gorgueira de Paradaseca, aparece a área mineira de Penafurada. Aquí aínda pode verse o pequeno túnel escavado no esporón rochoso para non ter que interromer a canle pola que os romanos levaban auga para a súas explotacións mineiras do curso baixo do río Soldón e incluso do Sil (Sequeiros). Ademais, dende esta fermosa paraxe natural pódense contemplar dúas pequenas explotacións auríferas na outra beira do río Soldón; a zona está equipada con tres paneis interpretativos da minería romana, do camiño ferradal e os elementos etnográficos que contén esta impresionante ruta.

penafurada

ENTRADA DO TUNEL DE PENAFURADA

Penafurada