O Concello de Quiroga a través da Área de Xuventude, convoca o 5º Concurso «Quiroga de Tapas», que este ano se desenvolverá entre os días 17 e 25 de marzo, e presenta o seu cartel xunto coas bases reguladoras e premios do mesmo.

5º «Quiroga de Tapas»: Establecementos participantes

Nesta edición participan vinte establecementos da vila: Adega de María, Vinoteca Quiroga, Bar as Palmeras, Bar o Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Pub Ruxe-RuxeBar Lago, Bar Félix, Restaurante o Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña 3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño, Mesón Escaleira, Restaurante DimarParrillada a Barca, Bar Dakar e Mesón da Clara.

5º «Quiroga de Tapas»: Premios

Na presente edición hai numerosos premios para as persoas que completen o circuíto e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes.

Así poden optar a un premio de 300,00€ en metálico; un circuíto termal con estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas (Pantón) para dúas persoas; unha estancia e almorzo para dúas persoas na Hospedaría Ferrería de Quintá; unha estancia para dúas persoas na Aldea Rural “O Busto” (Pobra de Brollón); unha noite para dúas persoas no Hotel Conde de Lemos (Monforte); varios xantares ou ceas para dúas persoas en diversos establecementos; unha visita ás instalacións e degustación de Viño para catro persoas no Centro do viño Ribeira Sacra; ou un lote de produtos típicos de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide e Morriña.

Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente edición recibirá 100 € e unha placa conmemorativa.

En breves días cada establecemento participante dará a coñecer a tapa coa que participa no concurso.

O Concello distribuirá nos locais participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso.

Ademais, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.

A tapa presentada ó concurso, deberá estar exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor, a un prezo de venda ó público de 1,50 €.

Máis novas

  • PROGRAMA XXIV MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA NO MUÍÑO DE BENDILLÓ

  • XV CERTAME CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS

  • CATA XLII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA 2024

  • PROGRAMA XLII FEIRA DO VIÑO QUIROGA 2024

  • XII VAL DE QUIROGA DE TAPAS: SAN CLODIO-QUIROGA

  • VII CANTOS DE TABERNA DE QUIROGA

  • BASES CONCURSO DESFILE DE COMPARSAS ENTROIDO QUIROGA 2024.

  • CONCURSO DESEÑO DO CARTEL DA XLII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

  • PROGRAMACIÓN DE NADAL 2023

  • Roteiro literario: Quiroga, territorio literario.

  • FORMULARIO DE INSCRICIÓN QUIMEDO 4

  • PROGRAMA DA XXXII MOSTRA DO MEL DE QUIROGA 2023

  • FESTAS DE VERÁN QUIROGA 2023, DEPORTES

  • FESTAS DE VERÁN QUIROGA 2023, PROGRAMACIÓN CULTURAL

  • XXXII MOSTRA DO MEL DE QUIROGA, 10 AGOSTO 2023