Este paseo transcorre na súa totalidade pola ribeira de dous ríos, os tres primeiros quilómetros camíñase acompañado do río Quiroga, ata chegar a súa desembocadura no río Sil, continuando paralelos a este último ata chegar á ponte do Sil onde finaliza o agradable paseo. Trátase dun camiño cómodo, sen pendentes e coa posibilidade de percorrelo en bicicleta.
DISTANCIA / DURACIÓN
4,43 km / 1 hora
ACCESOS
Inicio en río Quiroga: Dende Quiroga saír pola rúa Real en dirección sueste cruzando o río Quiroga e continuando pola estrada LU-623, pasados 600 metros de ter cruzado o río desviarse cara a esquerda para atopar o panel de inicio do sendeiro.
Inicio en río Sil: Dende Quiroga saír pola rúa Real en dirección á estrada LU-933. Aproximadamente a 1 quilómetro despois, xirar á esquerda para atopar a estrada LU-651.É ahí mesmo, na ponte sobre o río Sil, onde comeza a ruta
PERCORRIDO
Río Quiroga, Quiroga, desembocadura do río Quiroga, río Sil.
SINALIZACIÓN
Non está sinalizado seguindo os criterios homologados.
PUNTOS DE INTERÉS
RECOMENDACIÓNS
Se está de visita en Quiroga é un bo paseo para realizar comodamente a pé iniciando o camiño no núcleo urbano.