• Galego
  • Español

Archives

Boletín informativo

O vindeiro sábado 27 de agosto a partir das 11:00 h, na Casa da Cultura, terá lugar o XVIII Encontro de Poetas no Val de Quiroga, organizado polo Concello de Quiroga e o grupo poético "Amencer quirogués". Un ano máis os poetas da comarca, Xesús Galán e Pepe Pol, serán os encargados de presentar o acto este ano acompañados por Ángel Álvarez,  onde Manuel Cuenya actuará como pregoeiro deste certame. A este acto acoden cada ano máis poetas, tanto da nosa Comunidade coma doutras da xeografía española, todos eles co afán de potenciar este xénero literario. Preto  dunha vintena de poetas están xa anotados para participar nesta nova edición, algúns que xa veñen participando dende a primeira edición deste certame e outros que se incorporan por primeira vez no Encontro de Poetas. O acto contará coa música en directo do gaiteiro David Rodríguez Arias. Con este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interese pola... Read More
Quiroga, Folgoso do Caurel, Ribas de Sil; 26, 27 e 28 de agosto de 2016.
Sábado, 20 de agosto de 2016. III Festa castrexo-romana. Volve o espectáculo. Atentos á programación completa porque promete moitas emocións...
Sábado, 13 de agosto de 2016. En Margaride, cita con castrexos e romanos...
10 de agosto de 2016. Programa.
 
Cartaz das festas de verán Quiroga 2016
Dentro do programa de actividades para as festas de verán de Quiroga 2016, terá lugar a XI FESTA DA COMUNIDADE. As entradas para a cea están a venda en: Casa de Cultura de Quiroga, Centro Social de Quiroga, Bar Palmeiras, Bar Portón, Librería Carmen, Bar Quiper, Bar Lago, Bar Félix, Bar Zorro, Bar Recuncho de Dino, Bar Dakar, Todo 100 e Loterías Ana, a un prezo de 6 €.
Dende a Área de Educación do Concello de Quiroga, organízase para os nenos e nenas de entre 3 (ou que cumpran os tres anos antes de decembro) e 12 anos os Campamentos de Verán 2016,  que terán lugar de luns a venres, agás festivos, durante os meses de xullo e agosto. Concretamente, do venres 1 de xullo ao mércores  31 de agosto, En horario de 11:00 a 14:00 horas para todos os participantes.        A entrada será para todos/as nenos e nenas na Casa da Cultura e a saída nas piscinas municipais, onde terán que recollelos. Pregamos puntualidade.       Todas as actividades estarán adecuadas á idade dos seus fillos e fillas e haberá monitores  para cada grupo de idade e unha supervisora para os tres grupos. Na piscina contamos cun socorrista para as clases de natación.       Para asistir aos campamentos, é necesario que os nenos e nenas de 3 anos teñan autonomía,... Read More