• Galego
  • Español

XXXVI Feira do Viño de Quiroga: aberto o prazo para colleiteiros/as.

Reunida a comisión organizadora da trixésimo sexta edición da Feira do Viño de Quiroga, presidida polo mandatario local, Julio Álvarez Núñez, acordouse crear as distintas subcomisións para ir perfilando o programa do evento.

Tamén abriuse o prazo de inscrición dos colleiteiros interesados en participar, do 12 ao 26 de xaneiro,  e perfiláronse os requisitos para participar na XXXVI edición que terá lugar os días 31 de marzo e 1 de abril:

– Cantidade  mínima: 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.

– Graduación alcohólica mínima: 12 º para o viño branco. 11,5 º  para o viño tinto.

– Acidez volátil máxima: 0,5 gr. acético/l. para o viño branco. 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, procederase a recollida das mostras para realizar os análises organolépticos dos caldos.