Carlota Corredera, (Vigo, 21 de xullo de 1974) presentadora, directora, colaboradora de televisión e xornalista
galega coñecida por ter dirixido varios programas de La Fábrica de la Tele, por presentar Sálvame e actualmente por dirixir e presentar Cámbiame.

Licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela en 1977; a partir de entón estivo ligada ao xornal La Voz de Galicia. A súa traxectoria televisiva comezou en Antena 3, cadea na que chegou a ser a subdirectora do programa Sabor a ti, de Ana Rosa Quintana, en 2003.

Despois pasou a Telecinco para dirixir programas como TNT, El laberinto de la memoria y Hormigas blancas. No 2009 déronlle a oportunidade de dirixir Sálvame e Sálvame Deluxe (más tarde coñecido como Sábado Deluxe). Neste último estivo ata 2013.

No 2013 uniuse como colaboradora de Abre los ojos y mira, e no 2014 comezou a ser presentadora sustituta de Sálvame. Ademais, no 2016 colaborou para o mesmo programa. No verán deste mesmo ano comezou a colaborar en Hable con ellas e a presentar o docu-reality Los Campos.

A finais do 2016 anunciouse a súa fichaxe como nova presentadora de Cámbiame a partir do 9 de xaneiro de 2017.

O 18 de maio de 2017, sale a venda o seu primeiro libro Tu también puedes: como conseguí perder 60 kilos y ganar salud.