RTMQ. O actor Pablo Chiapella Cámara, coñecido principalmente pola interpretación de papeis como o de Amador Rivas, na serie de Telecinco “La que se avecina” ou o de Moncho Heredia en “Aquí no hay quien viva”; será o pregoeiro de XXXVII Edición da Feira do Viño de Quiroga que terá lugar os días 20 e 21 de abril.
Despois de diplomarse en Maxisterio, decidiu dedicarse ao mundo artístico, e así diplomouse tamén en Arte Dramático. Conta cunha longa traxectoria como actor, monologuista, presentador en canais como o canal por cable Paramount Comedy, Antena 3TV, TVE, Telecinco, etc.
A maiores de televisión, Pablo Chiapella, tamén participou nunha decena de curtos como “El arte de la seducción” de Sandra Ruiz, ou 7º Izquierda de Carlos Sanz. No 2002 rodaría a súa primeira longametraxe, “La vida mancha “de Enrique Urbizu. Tamén interpretou ao Tenorio de “El burlador de Sevilla”, dirixido por José Luis Sáez, o colaborou en producións de Jaroslaw Bielski como “Nuestra cocina”.
Pertence ao denominado “Cuarteto de Albacete”, un grupo de humoristas formado xunto con Joaquín Reyes, Ernesto Sevilla y Raúl Cimas.
En 2018, estrease como presentador en La 1 de TVE á fronte do espazo “El paisano”.