Aceite de Quiroga, produto saudable

A denominación Saudable xa pode aparecer nas etiquetas do aceite de Quiroga. Así o confirman os resultados das análises que remitíu ao Concello o Departamento de Química Analítica da Universidade de Córdoba; un dos laboratorios máis recoñecidos a nivel mundial.

Os aceites de Quiroga non soamente son os únicos que poden levar esta etiqueta, se non que dende o punto de vista da saúde indica que son uns aceites de oliva virxe excepcionais, xa que non soamente superan o mínimo de polifenois esixidos pola Unión Europea para poder empregar esta denominación (250 mg/k).

Coa obtención da etiqueta para o aceite de Quiroga de produto saudable, damos un paso máis na recuperación e posta en valor dos nostos aceites, obtendo unha denominación de orixe para o Aceite de Quiroga segundo o proxecto común do Concello e a dos olivicultores.

Polifenois

Os polifenois que se atopan nos aceites de oliva virxe e virxe extra dependen de múltiples factores como a variedade de oliva, o proceso de elaboración, o clima, debido a que no proceso de refinado do aceite se perden,

Segundo o estudo realizado pola Universidade de Córdoba sobre seis mostras de aceite de Quiroga enviadas polo Concello o pasado mes de maio, os aceites de Quiroga, como produto biosaudable, son ricos en catro dos principais polifenois:

  1. Hidroxitirosol, o meirande antioxidante natural coñecido
  2. Oleocantal, que ten propiedades antiinflamatorias
  3. Oleuropeína potenciador dos demáis antioxidantes e segundo estudos experimentais, anticanceríxeno;
  4. Luteolina, outro potentísimo antioxidante.
Aceite de Quiroga, producto biosaludable

Máis novas

  • XV CERTAME CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS

  • CATA XLII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA 2024

  • PROGRAMA XLII FEIRA DO VIÑO QUIROGA 2024

  • XII VAL DE QUIROGA DE TAPAS: SAN CLODIO-QUIROGA

  • VII CANTOS DE TABERNA DE QUIROGA

  • BASES CONCURSO DESFILE DE COMPARSAS ENTROIDO QUIROGA 2024.

  • CONCURSO DESEÑO DO CARTEL DA XLII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

  • PROGRAMACIÓN DE NADAL 2023

  • Roteiro literario: Quiroga, territorio literario.

  • FORMULARIO DE INSCRICIÓN QUIMEDO 4

  • PROGRAMA DA XXXII MOSTRA DO MEL DE QUIROGA 2023

  • FESTAS DE VERÁN QUIROGA 2023, DEPORTES

  • FESTAS DE VERÁN QUIROGA 2023, PROGRAMACIÓN CULTURAL

  • XXXII MOSTRA DO MEL DE QUIROGA, 10 AGOSTO 2023

  • PROGRAMA DA XXIII MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA NO MUÍÑO DE BENDILLÓ